Febreiro 25, 2010 | Artigos de opinion | RSS 2.0
PABLO GARCIA GARCIA, Secretario de Organización do PsdeG e Senador Miercoles 24 de febrero de 2010 escribeu no seu Blog:
Hoxe aprobouse definitivamente no senado a Lei Orgánica de saúde sexual e reproductiva e de interrupción voluntaria do embarazo. O que vimos chamando comunmente e tamén equivocadamente, posto que a lei e moito máis que eso, a nova “lei do aborto”.
Obviamente é un tema moi discutido, analizado, opinado,… pero tamén baixo o meu punto de vista moi contaminado e maltratado por diversos sectores. Non vou eu aqui a inentar clarificar, máis do que están, posicións políticas, razóns, defensas, ataques… . Nin son un experto para elo, nin este é o foro.
Pero si me gustaría expoñer aquí a miña opinión e intentar transmitir as sensacións que teño hoxe e agora mesmo, despois de rematado o pleno no que tiven a sorte de participar e polo tanto de vivir en directo este feito histórico.
Por suposto que para mín se trata dunha lei fundamental que sen ningunha dúbida mellora a lei que xa existía. Porque garantiza dereitos tanto para as mulleres que tomen a decisión libremente de abortar como para os facultativos que o practiquen. Por suposto que moralmente non me crea ningún tipo de conflicto e asumo a miña excomunión pertinente por habela votado favorablemente, con moito orgullo.
Pero, de igual xeito, é obvio que se trata dun tema complexo, xa que afecta a creenzas, relixións, valores, dogmas, …que ainda que non teño intento entender e comprender a aqueles que os teñen.
Vaia por tanto, polo tanto o meu maior dos respectos para todas aquelas persoas que por calquer motivo moral, relixioso, ético… non conciben na súa percepción vital o aborto como unha opción. Non pretendo convencelos do contrario, o que non entendo é que non sexan capaces de concebilo como un dereito libre. A lei non obriga a ninguén a abortar, dalle o dereito a facelo nas mellores condicións a aquela persoa que libremente opta por facelo. E co dereito á privacidade, ninguén pode volver a ser sinalado co dedo por someterse ou practicar un aborto como pasou hai moi poucos meses por exemplo en Madrid.
Outro dos elementos máis importante para mín, e tamén outro dos máis controvertidos e discutidos por increible que me pareza, e o da facultade que se lle otorga á muller a decidir. Aquí si que xa non son capaz de entender nada. Quén se non tén que ter a última palabra á hora de tomar esta decisión? Sexa para o que sexa, porque tamén ten a última palabra para decidir non abortar.
Sinceiramente fixen un esforzo por intentar entender, xa non digo compartir, a posición dos que non entenden que esto teña que ser así, e son incapaz.
Todos estamos de acordo que cando unha muller se plantexa abortar, debe de ser un dos momentos máis difíciles ós que se pode enfrontar, sexa cal sexa a decisión que tome. Non admito que se poida decir que esta lei quere convertir ó aborto nun método anticonceptivo máis, e que eso o poida defender unha muller. Me parece razoable que se diga que nunha decisión tan transcendental tamén hai que escoitar ó pai, sen ningunha dúbida. Que no caso de que a muller sexa menor de idade, e lóxico, desexable, aconsellable e ideal que os pais tamén participen nesta decisión.
Pero é que estamos facendo unha lei, e polo tanto temos que prevér todos os casos. E ainda que eso sexa o ideal e o perfecto, si eso non ocurre, qué facemos. E si nos atopamos na situación de que a muller quere abortar e os seus pais non?. Que decisión ten que ser a que se teña en conta?
Aquí neste punto é onde non son capaz de entender que alguén poida defender que o que ten que prevalecer é a decisión dos pais. A pesar que para moitas outras cousas incluso sanitarias, como somenterse a unha operación quirúrxica, aceptar e doar órganos, unha persoa con 16 anos xa non precisa autorización paterna.
E o mesmo tempo o mesmo partido, o Partido Popular pide que a partir dos 12 anos se poida enviar á cadea a unha persoa. Unha muller con 16 anos pode ir á cadea, pero non pode ser a que decida se quere abortar ou non. Non é sostible.
Baixo o meu punto de vista, hoxe estamos mellor ca onte. Hoxe os cidadáns temos unha lei que sen dúbida fai que este país sexa un mellor sitio para vivir.
Noraboa a todos.
